Friday 03 de May de 2024

Clausura do Xuño da Cultura e as a Artes 2016


O Auditorio Municipal deu cabido ao acto de clausura do Xuño da Cultura e as Artes que puxo peche a un cento de actividades desenvolvidas no transcurso dos 30 días do mes que acaba de finalizar.

Numerosos representantes das 49 asociacións e 17 departamentos municipais implicados na posta en marcha desta quinta edición do programa déronse cita no salón de actos. O evento comezou cunha actuación musica a cargo da asociación de pandereteiras do Centro Social Santa Uxía.

Acto seguido a concelleira de Cultura, Fabiola García, deu unhas palabras de agradecemento e, tras a tradicional entrega de diplomas e agasallos aos participantes, interviu o alcalde Manuel Ruiz, quen salientou que son as asociacións ás que fan posible o éxito desta iniciativa.

O acto finalizou cunha foto de familia.